Chus Pazos

web: www.chuspazos.com

Iago Fernández - Profesor asociado

Iago Fernández (Cangas, 1987) formouse entre Cangas (percusión clásica) e Pontevedra (Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra) para despois graduarse no “Centro Superior de Música del País Vasco, Musikene” (especialidade de jazz-batería), onde recibiu clases de Jorge Rossy, Jo Krause, Albert Sanz e Guillermo Klein entre outros. Dende os 20 anos toca con regularidade nos festivais e clubes de jazz da Península Ibérica , ademáis de esporádicos traballos por Europa, colaborando con músicos como: Avishai Cohen (trompeta), Omer Avital, Perico Sambeat, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Jorge Rossy, Guillermo Klein, Jesús Santandreu, Logan Richardson, John O'Gallagher ou Ptros Klampanis. Iago gravou máis de vinte traballos como colaborador e tres discos ao seu nome: Agromando (2011), Acougo (2015) e Brisa (2016).